miércoles, 29 de mayo de 2013

Glub,o incrible peixe-bala

Autor:Isabel Freire
Ilustrador:Xan López Domínguez
Editorial:Xerais

Glub,un peixe molón de cor laranxa e unha manchiña marrón no lombo que o facía diferente,vivía quentiño e feliz con outros moitos peixes de cores no acuario de David.

No día en que estaban preparando a festa de aniversario do seu dono,unha das súas amigas regaloulle unha enorme bóla de cristal que deixaron pegada  ao acuario.Naquela bóla choraba as súas soidades unha peixiña sen compañía.Glub,o incrible peixe-bala ,quere dar un chimpo e chegar onde ela para facerlle compañía.Será capaz de conseguilo?

No hay comentarios:

Publicar un comentario